nâo é por acaso Luis

nâo é por acaso Luis: (www.astormentas.com)
Poema ao acaso


sexta-feira, 13 de abril de 2012

de Suso Veiga, en Tempos, bem invitado



http://temposdixital.com/td/opinion/04/a-pedagoxia-de-conde-roa/




A pedagoxía de Conde Roa

12 Abr 2012 ⋅ Xesús Veiga Buxán



Se a “prima de risco” é unha medida técnica que rexistra –nos mercados financeiros- a diferenza do nivel de confianza da débeda española a respecto da alamana, habería que inventar un indicador que servira para expresar a distancia existente entre as prácticas dominantes nos sistemas políticos que conviven no actual mapa da UE. As comparacións resultarían demoledoras: mentres que en Alemaña –gobernada por un partido inequivocamente conservador- un presidente da República dimite por recibir un préstamo bancario en condicións vantaxosas e un ministro de Defensa abandona o cargo porque se descobre que a súa tese de doutoramento é unha copia de anteriores traballos académicos, aquí o partido teoricamente afín – mesmo na explícita reivindicación da súa preferencia relixiosa- traslada ao territorio xudicial o baremo definitivo para administrar os ceses ou dimisións dos seus cargos institucionais.

O “affaire” Conde Roa é a penúltima demostración da lóxica que habita no universo do PP. Imaxinan vostedes que sucedería se o alcalde de Berlín ou o de Frankfurt recoñeceran non ter ingresado na Facenda Pública case 300.000 euros cobrados en aplicación do IVA? Cantas horas durarían nos seus despachos? Non sería preciso agardar polas vicisitudes xudiciais porque os seus xefes políticos –da CDU, do SDPD e dos demais partidos parlamentares- non tolerarían demoras derivadas das hipotéticas habilidades técnicas dunha boa –e cara- equipa de avogados. Pero Santiago – e Galiza e o Estado – son sitios distintos. Tanto que mesmo non suscita reproche mediático a utilización feita por Conde Roa das dependencias municipais para comunicar os argumentos da súa defensa xudicial. Se ademais da ética rexeran os criterios da estética, a comparecencia do presunto delincuente tería lugar na sede do PP ou nun recinto privado porque as actividades que provocaron este escándalo foron realizadas na súa condición de promotor inmobiliario. A perversión de confundir o público co privado –co gravísimo correlato de subordinar o primeiro ao segundo- segue presente nunha boa parte da elite política gobernante.

E para completar o cadro dos despropósitos, o episodio protagonizado polo actual alcalde de Santiago coincide coa aprobación dunha amnistía fiscal –a pesar de que o ministro Montoro gosta de practicar os xogos verbais e fala de “regularización”- para os que teñen agachados millóns de euros e co inicio da campaña anual de tributación polo IRPF. A pedagoxía non pode ser mais irritante: mentres os asalariados somos requiridos a cumprir coas nosas obrigas fiscais –xa saben:”Facenda somos todos”- ábrense as portas para recibir –ao módico gravame do 10%- a unha parte dos fillos tránsfugas que preferiron disfrutar deses paraísos onde o diñeiro é o principio e o fin de todas as cousas. Conde Roa quería formar parte desa nómina de fuxidos que regresan á legalidade coa discreción que desexan. Non tivo sorte. Foi descuberto a tempo e por iso botou man do plan B: facer pública defensa da xudicialización da política e ditar el mesmo a sentenza. É inocente porque seica non tiña intención de defraudar. Xa veremos o que din os xuíces profesionais pero mentres tanto, é moito pedir que se comporte como se fora un alcalde alemán? Se aceita que Merkel sexa a guía fáctica do modelo de construción europea, por que non se aplica esa filosofía con todas as consecuencias?


• Xesús Veiga Buxán, Profesor de Económicas na USC. Membro do Consello Nacional do BNG, foi deputado do Parlamento Galego e asesor económico da Vicepresidencia durante o goberno bipartito.



• Gerardo Jesús Conde Roa (Padrón, 28 de septiembre de 1959) es un político, abogado y promotor urbanístico español, alcalde de Santiago de Compostela desde 2011.(Wikipedia)

Conde Roa, oficialmente imputado por delito fiscal

Termina en los juzgados de Santiago la declaración del alcalde compostelano, acusado de un delito fiscal. Conde Roa, que ha defendido ante el juez que no cometió delito, dice que está a disposición de Feijoo. El presidente de la Xunta asegura que serán consecuentes con la justicia y los estatutos del PP

Salida de los juzgados a gritos de «dimisión»

A las 13.35 horas de ayer, Gerardo Conde Roa salió de los juzgados mientras un grupo de en torno a 15 personas lo despedía a gritos de «dimisión».
(lavozdegalicia.es)







O seu, "nem roubo nem delito", foi, vem a dicirnos o señor Conde, uma "intelixente" e simple distracción contable, para pór a prova a eficacia da Axencia Tributaria, ou, como muito, um inocente pecado de otimismo polo que él, e o seu partido, todos em cofraría, xa pagaron a penitencia debida.



Conde Roa: "A mí Leo Bassi me produce especial repugnancia"
...


Leo Bassi: "Desde hace quince años «pago mis impuestos en España, incluso por el dinero que gano en otros países, si todos los ricos hicieran lo mismo no harían falta los recortes sociales».
Admitió que tras la denuncia contra Conde Roa, que declaraba en los juzgados al mismo tiempo que Bassi hablaba en el Concello: «Me parece tan patético que ya casi no tengo ganas de hacer chistes sobre él, en realidad casi me despierta ternura y ganas de darle cariño».









U-lo o alcalde? U-lo o pallaso? .







¡Que me quiten lo bailao!


/E-10:25h11:57h/11:28h.49615/


http://pda.elpais.com/index.php?module=elp_pdapsp&page=elp_pda_noticia&idNoticia=20120413elpneppol_19.Tes&seccion=pol


/E-17.2002h.49968/

2 comentários:

  1. La compañía gallega Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014

    El jurado destaca su "transgresión de géneros" y su vertiente humorística "siempre conectada con la realidad social". Uno de sus directores resalta el compromiso del grupo con la cultura gallega


    EFE Madrid 26/11/2014 15:42 Actualizado: 26/11/2014 15:59

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/11/26/span-langglchevere-non-e-complaciente-co-poder-ainda-acepte-premiospan/00031417028611001605615.htm

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/11/27/grupo-dia-desterrado-triunfa-teo-mundo/0003_201411G27P39995.htm

    Un grupo en su día «desterrado» y que triunfa desde Teo para el mundo

    27 de noviembre de 2014 05:00

    Chévere lleva más de un cuarto de siglo dando guerra sobre los escenarios. A lo largo de este tiempo y, dentro de su afán renovador, hizo espectáculos de muy diferentes estilos y formatos, que llegaron a espacios tan inusuales como barcos, aeropuertos, carpas de circo, escaparates, ríos, puertos, radios o aulas. La historia del grupo de teatro bien podría inspirar una película. De hecho, inspiró al director compostelano Alfonso Zarauza en un trabajo que, casualmente, se presentará este domingo en el marco de Cineuropa y servirá como clausura del festival.

    La compañía se vinculó en sus inicios a la capital gallega. Allí creó en 1992 la Nave de Servicios Artísticos-Nasa, que durante veinte años fue su cuartel general y epicentro de la actividad cultural de la ciudad hasta su cierre.

    La polémica clausura de la Sala Nasa en el 2011 dio mucho que hablar. Fue el resultado de una denuncia de colaboración con banda armada por parte del ex alcalde compostelano Gerardo Conde Roa. «A compañía foi desterrada da súa cidade por acusacións e infamias deste calibre por persoas que acabaron sendo condenadas e inhabilitadas para o exercicio público»,
    recuerda Xesús Ron.

    Este episodio negro llevó al grupo que hoy es Premio Nacional de Teatro a un feliz exilio en un concello limítrofe, Teo, en donde trabaja como compañía residente desde el 2012.

    ResponderEliminar

  2. http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/entrevista-a-miguel-de-lira-integrante-do-grupo-chevere-premio-nacional-de-teatro

    ResponderEliminar